Ola! Unha vez transcorrido o prazo de reclamacións ao baremo provisional, e logo dalgunha renuncia, xa temos a lista definitiva de mobilidades. Comezamos coa busca!
Atende! Estás en disposición de rematar a túa formación en CS neste curso 19/20? Queres adquirir experiencia noutro país e realizar alí as túas prácticas FCT? Vémonos este mércores no Salón de Actos do centro para unha xornada informativa na que presentaremos os programas para este curso e resolveremos as vosas dúbidas. Vémonos!
Ollo!!! Non te perdas coa nosa convocatoria. Consulta toda a información sobre o proceso que tamén está na web do IES , e lembra que podes buscarnos polo centro ou enviar un correo cando queiras!
Comentarios
Publicar un comentario